Saturday 04 de May de 2024

Teatro este martes en Neda


O Grupo de Teatro Infantil da Escola Municipal de Neda estrea este martes obra: O Reino dos Fantoches. A cita terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura a partir das 20 horas, con entrada libre ata completar aforo. Poñen así o broche de ouro a un curso que arrancaba no mes de novembro baixo a dirección da actriz Marián Rei. Na actividade, organizada polo Concello de Neda, tomaron parte nenos e nenas de entre 6 e 13 anos, así como rapaces e rapazas de 14 anos en adiante e persoas adultas. Estes últimos, no grupo xuvenil e adulto